lunes, 20 de mayo de 2013

exercicios

1-Cal de as partes do encéfalo fan estas funcións:
    O sono:
    O equilibrio:
    Os movementos peristálticos:
    Activar ou inhibir a produción de hormonas:
    O espirro:
    O impo: 
    A sede: 
    A fame:
    Coordina movementos voluntarios:
    O latexo cardíaco: 
    
  2- Cales son as funcións que fai o bulbo raquídeo?

  3- cales son as partes da neurona?
  
 4-Que son as telondendritas?

domingo, 12 de mayo de 2013

FUNCIÓNS DAS PARTES DO ENCÉFALO.

Hipotálamo:Actúa sobre a hipófise( é unha pequena glándula situada na base do cerebro) activa ou inhibe a produción de hormonas.
Cerebro: É responsable do pensamento, da memoria, da linguaxe,e de moitas funcións vitais como o movemento corporal,o sono, a fame, a sede...
Cerebelo: Coordina movementos voluntarios como andar,e mantén o equilibrio do corpo.
Bulbo raquídeo:Controla funcións involuntarias do organismo, como o latexo cardíaco, o espirro , o impo, o vómito e os movementos peristálticos (son as contraccións dos músculos do intestino delgado   para desprazar o alimento ao longo do aparato dixestivo)
Tálamo: Moitas funcións diferentes están relacionados con varias rexións do tálamo. Este é o caso de moitos dos sistemas sensoriais (agás polo sistema olfactivo), como a auditiva, visceral, gustativa e sistemas visuais.

viernes, 19 de abril de 2013

SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO

O sistema nervioso periférico (SNP) é o apartado do sistema nervioso formado por nervios e neuronas que residen ou esténdense fóra do sistema nervioso central (SNC),cara aos membros e órganos.A función principal do SNP é conectar o sistema nervioso central (SNC) aos membros e órganos.A diferenza entre este e o SNC está en que o sistema nervioso periférico non está protexido por ósos ou pola barreira hematoencefálica (A barreira impide que moitas substancias tóxicas a atravesen, ao tempo que permite a pasaxe de nutrientes e osíxeno).
O sistema nervioso periférico é, así, o que coordina, regula e integra os nosos órganos internos, por medio de respostas involuntarias.

O sistema nervioso periférico está formado por: sistema nervioso somático e o sistema nervioso autónomo.


SISTEMA NERVIOSO SOMÁTICO: 
Está formado por nervios espinais e nervios craniais:
Nervios espinais: son os que envían información sensorial (tacto,dolor) do tronco  e as extremidades cara ao sistema nervioso central a través da medula espiñal.Tamén envían información dá posición e ou estado dá musculatura e ás articulacións do tronco e ás extremidades a travésmedula espiñal.Son un total de 31 pares de nervios,cada un con dúas partes ou raíces: unha sensitiva e outra motora.

Nervios craniais: que envían información sensorial procedente do pescozo e a cabeza cara ao sistema nervioso central.Reciben ordes motoras para o control da musculatura esquelética do pescozo e a cabeza; e son 12 pares de nervios craniais.

 SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO:
Regula todas as funcións corporais, controla a musculatura lisa(como os músculos das costas), a cardíaca, as vísceras e as glándulas por orde do sistema nervioso central.

miércoles, 17 de abril de 2013

SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO

O sistema nervioso autónomo (SNA), tamén coñecido como sistema nervioso vexetativo, é a parte do sistema nervioso que controla as accións involuntarias,As súas vías neuronais( e por donde pasa a información das neuronas) actúan sobre a frecuencia cardíaca e respiratoria, a contracción e dilatación de vasos sanguíneos, dixestión, salivación, a suor,a micción e a excitación sexual.A maioría das accións do que controla son involuntarias, aínda que algunhas, como a respiración, actúan xunto con accións conscientes. 

ESTRUTURA: Está formado por o sistema simpático e o parasimpático.

 Simpático:
Está implicado en actividades que requiren gasto de enerxía,
é o que prepara ao corpo para reaccionar ante unha situación de estrés.
Parasimpático:Está encargado de almacenar e conservar a enerxía.é o que mantén ao corpo en situacións normais e logo de pasar a situación de estrés é antagónico ao simpático.

SISTEMA NERVIOSO CENTRAL

O sistema nervioso central (SNC) é unha estrutura biolóxica.O sistema nervioso central está constituído polo encéfalo (formado por cerebro, cerebelo tálamo , hipotálamo e bulbo raquídeo) e a medula espiñal.Están protexidos por tres membranas,denominadas meninxes(son as membranas de tecido conectivo que cobren todo o sistema nervioso central).Ademais, o encéfalo e a medula espiñal están protexidos por envolturas óseas, que son o cranio e a columna vertebral respectivamente.

FUNCIÓNS: Analiza os estímulos, tanto externos como internos , e elabora as respostas necesarias para o funcionamento do organismo
 Ten 3 funcións básicas que son estas:
SENSITIVA: Permite reaccionar ante estímulos provenientes tanto do interior do organismo como do medio exterior.
MOTORA: E a que responde aos estímulos iniciando contraccións musculares.
INTEGRADORA: Cando a información sensitiva analízase, almacénase algúns aspectos desta e toma unha decisión con respecto a conduta a seguir.

NEURONA: son un tipo de células ( é a unidade morfolóxica e funcional de todo ser vivo)do sistema nervioso.Están especializadas na recepción de estímulos e condución do impulso nervioso.



Neurona.svgPARTES DA NEURONA:

DENDRITAS:Son ramificacións que proceden do soma nueronal(é o corpo celular da neurona) 
 NÚCLEO: é o centro da neurona.
AXÓN: É unha prolongación do soma neuronal.
MIELINA:É unha lipoproteína( é un complexo macromolecular formado por elementos proteicos 
NODO DE RANVIER:Chámase así as interrupcións que ocorren en intervalos regulares ao longo do axón.
Célula de Schwan: Son células que se forman na crista neural embrionaria(
é unha estrutura discreta que comprende unhas poucas células e existe transitoriamente en etapas temperás do desenvolvemento embrionario de vertebrados)
Terminal do axón: Son ramificacións das ramas dun axón. 
Telodendritas: Ramificacións situados no extremo do axón.

 ENFERMIDADES: 

MENINXITE :  Inflamación ou infección das meninxes. As meninxes son as membranas de tecido conectivo que cobren todo o sistema nervioso central.
Parkinson: pertencen ao grupo de enfermidades  que afectan aos ganglios basales(son acumulacións de corpos de células nerviosas que se achan preto da base do cerebro) producindo un trastorno do movemento, apreciándose rixidez e lentitude nos movementos voluntarios e tremor de repouso.
 Esclerose múltiple:trastorno caracterizado por episodios discretos de
déficit neurolóxico(isto e cando as neuronas traballan mal o ai falta delas) recorrentes con desmielinización ( A desmielinización é un proceso patolóxico no cal se dana a capa de mielina das fibras nerviosas)
por mecanismos autoinmunes( unha enfermidade autoinmune e causada polo propio sistema inmunitairio)


O investigador máis importante é Santiago Ramón e Cajal.
Ramón e Cajal foi un médico español, especializado en histoloxía(é a ciencia que estuda todo o relacionado cos tecidos orgánicos: a súa estrutura, o seu desenvolvemento e as súas funcións.) e anátomo-patoloxía(é a rama da Medicina que se ocupa do estudo,das causas, desenvolvemento e consecuencias das enfermidades.) Obtivo o premio Nobel de Medicina en 1906 por descubrir os mecanismos que gobernan a morfoloxía(é a disciplina encargada do estudo da estrutura dun organismo ou sistema nun contexto comparativo)e os procesos conectivos das células nerviosas.


File:Cajal-Restored.jpg










DROGAS QUE AFECTAN O SISTEMA NERVIOSO CENTRAL:
HEROÍNA: confusión mental
al consumer heroína con xiringuillas e ir pasandoas de unhas persoas a outras  podese contaxiar o VIH (sida)

COCAÍNA:O "esnifado" provoca lesións hemorráxicas nas foxas nasais, o tabique intermedio vaise danando, anestesíase o nariz, hai comechóns e formigos, aparecen trastornos nutricionais, sexuais, respiratorios, etc



ALCOHOL:.O consumir moita cantidade de alcohol estas matando as neuronas  e as neuronas non  se reproducen, unha vez que xa non tes neuronas quedaste tonto eses danos xa non teñen remedio
TABACO: Reduce un 10% a capacidade do transporte do osíxeno
Produce enfermidades respiratorias e tamen pode producir tumores canceríxenos  
Tamén pode probocarche cáncer de boca ou cáncer de pulmón
Cando fumas estas queimando o teu corpo por dentro porque ese fume entra quente